Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 05 Febreiro 2018 07:11

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA 25 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL DE MESTRAS E MESTRES COMPOSTEIROS CON DESTINO AO PLAN COMPOST REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, de 25 bolsas de práctica laboral destinadas a persoas en situación de demanda de emprego ou de mellora de emprego coa finalidade de completar a súa formación na área da xestión dos residuos orgánicos de orixe doméstica de cara á súa incorporación ao mercado laboral como mestras e mestres composteiros.

A dotación económica de cada unha das bolsas ascenderá aos 1.400,00 €/mes, que inclúe todos os gastos en que incorra a bolseira ou bolseiro en concepto de axudas de custo ou desprazamentos por razón da actividade que se vai desenvolver.

A duración das bolsas será de 1 ano desde a incorporación das persoas beneficiarias, prorrogables outro ano ata unha duración máxima da bolsa de 2 anos.

TITULACIÓNS ESIXIDAS: título de bacharelato, ciclo superior de FP, grao, diplomatura, enxeñería, licenciatura ou equivalente. No caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse cun certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO.

Bases: http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/02/05/2018002705