Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 02 Febreiro 2018 10:52

PROGRAMA ROAD TRIP PROJECT: PERCORRER A UNIÓN EUROPEA EN MINIBUS

Programa Road Trip Project: Percorrer a Unión Europea en Minibus

O Programa Road Trip Project é un proxecto da Comisión Europea, a través do Departamento de Política Rexional e Urbana, onde levará a cabo unha viaxe dun mes de duración visitando unha serie de proxectos financiados pola UE e informando sobre as súas experiencias nas redes sociais. Esta viaxe por Europa realizarase en minibus e poderano levar a cabo 8 mozos de entre 18 e 30 anos entre a primavera e o verán de 2018. As viaxes realzaranse por parella. Cada parella viaxará nunha das catro rutas (Báltico, Danubio, Mediterráneo e Atlántico). Irán acompañados por un equipo composto por un cámara e unha persoa responsable da seguridade e a loxística.

Os participantes terán que documentar a viaxe co obxectivo de crear un “ Road Movie” que se poderá visualizar online unha vez finalice a iniciativa.

Ligazón: http://ec.europa.eu/regional_policy/en/newsroom/news/2018/01/16-01-2018-the-road-trip-project