Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 30 Xaneiro 2018 07:32

AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA 9 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA

Axencia Turismo de Galicia

Convoca 9 bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2018 e 2019,

– Oito (8) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística
dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), 1 bolsa na oficina de
turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 1 bolsa na oficina de turismo da Coruña, 1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra, 1 bolsa
na oficina de turismo de Vigo, 1 bolsa na oficina de turismo de Lugo, 1 bolsa na oficina de turismo de Ourense.

– Unha (1) bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia
turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2018 e 2019 coa seguinte duración:
– Bolsas de formación práctica especializada en oficinas de turismo: duración máxima 5 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.
– Bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación: duración máxima de (12) doce meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Publicación DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180130/AnuncioG0256-110118-0003_gl.pdf