Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 29 Xaneiro 2018 12:49

RESUMO AXUDAS CONVOCADAS POLA XUNTA DE GALICIA EN APOIO AOS AUTÓNOMOS E Á CREACIÓN DE EMPRESAS

1.- CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL

Entidades beneficiarias

As cooperativas e sociedades laborais para o programa I e as persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2018.

Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180125/AnuncioG0424-281217-0018_gl.pdf

2.- CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INCENTIVAR O EMPREGO AUTÓNOMO E A CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

Persoas beneficiarias:
1. Programa I. Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

2. Programa II. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade e pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Prazo de presentación de solicitudes:

1. Programa I. O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2017.

2. Programa II.
a) As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberanse presentar ata o 13 de maio de 2018.
b) As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberanse solicitar ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
c) O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2018, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180126/AnuncioG0424-291217-0003_gl.pdf

3.- CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DO PROGRAMA I PARA AS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN E DO PROGRAMA II AS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA

Entidades beneficiarias

As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos na orde de convocatoria.

O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas dos programas regulados nesta orde finalizará o 31 de xullo de 2018.

Orde de convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180126/AnuncioG0424-291217-0006_gl.pdf