Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 29 Xaneiro 2018 12:15

INFORMACIÓN XERAL SOBRE HOMOLOGACIÓN E VALIDACIÓN DE TÍTULOS E ESTUDOS ESTRANXEIROS DE EDUCACIÓN SUPERIOR A TÍTULOS OFICIAIS UNIVERSITARIOS ESPAÑOIS DE GRAO OU MASTER QUE DEAN ACCESO A PROFESIÓN REGULADA EN ESPAÑA

Descrición

A través deste procedemento pódese solicitar a homologación de títulos de educación superior outorgados por institucións estranxeiras a títulos oficiais universitarios españois de Grao o Máster que dean acceso a profesión regulada en España. Tamén permite a consulta do estado da tramitación doexpediente, tras cumprimentar a solicitude e presentala nun rexistro oficial.

Destinatarios

Persoas tituladas por unha institución de educación superior oficial non española.

Requisitos
O pago da taxa é imprescindible para iniciar o procedemento.

Máis Información
A homologación dun título estranxeiro a un título español que permita o acceso a unha profesión regulada, conlevará a posibilidade de exercizo da profesión regulada de que se trate nas mesmas condicións que as dos posuidores dos títulos españois que habiliten para tal exercizo.

Guía sobre os procedementos de homologación e equivalencias regulados polo Real Decreto 967/2014:

https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/dms/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050580/ficha/050580/Guia-RD-967-2014.pdf

Teléfonos para consultas:

Educación: 910 837 937
Horario: de luns a venres, de 9:00 a 17:30 horas.

Para consultas sobre temas educativos, pode asi mesmo chamar ao teléfono de información 060 da Administración Xeral do Estado.

Cultura: 91 701 74 81
Horario: de luns a venres, de 9:00 a 17:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro): de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas.

Enlace á información completa: https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/homologacion-educacion-superior.html