Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 29 Xaneiro 2018 11:09

INFORMACIÓN XERAL SOBRE HOMOLOGACIÓN E VALIDACIÓN DE TÍTULOS E ESTUDOS ESTRANXEIROS NON UNIVERSITARIOS

Homologación: Declaración de equivalencia de títulos, diplomas ou estudos estranxeiros con títulos españois para efectos académicos.

Validación: Declaración de equivalencia de estudos estranxeiros por cursos españois para os efectos de continuar estudos nun centro docente español.

Documentación precisa para solicitar a homologación/validación de estudos:

-Instancia debidamente cuberta.
-Xustificación do aboamento da taxa por homologación/validación de estudos, nos casos en que sexa esixible.
-Fotocopia compulsada de documento en vigor acreditativo da identidade do solicitante (DNI, pasaporte, permiso de residencia).
-Fotocopia compulsada dos cursos cuxa homologación/validación se solicita, en que consten as materias, cualificacións obtidas e anos académicos nos que se realizaron, logo de legalización do documento orixinal.
-Se é o caso, fotocopia compulsada do diploma ou título obtido, logo de legalización do documento orixinal.
-Fotocopia compulsada do Libro de Escolaridade, cando os estudos anteriores se realizaron no sistema educativo español.
-Cando se trate da homologación ou validación por estudos españois de Formación Profesional ou de ensinanzas de Réxime Especial será necesario acreditar os requisitos académicos previos esixidos e realizados para iniciar os estudos de que se trate, programas e carga horaria de cada materia, prácticas preprofesionais ou experiencia laboral.

Tradución de documentos:
No suposto de documentos redactados en calquera lingua distinta do castelán, deberán acompañarse da súa tradución oficial. Terán o citado carácter oficial as realizadas por un "intérprete xurado" habilitado polo Mº de AA.EE español, as efectuadas por unha representación diplomática española ou ben aqueles documentos traducidos oficialmente no estranxeiro e debidamente legalizada a firma do tradutor oficial.
A legalización dunha tradución non exime da legalización do documento traducido.

Legalización de documentos:
É aquel procedemento de recoñecemento de firmas, mediante o cal se acredita a autenticidade dun documento determinado, co obxecto de presentalo nun terceiro país para os efectos que procedan.
No suposto de certificacións académicas a legalización consiste, con carácter xeral, no recoñecemento da firma da autoridade que expide o documento orixinal (non daquela que avale a compulsa ou a súa tradución).

Vías de Legalización:
Os supostos de legalización de documentos académicos varían segundo o país que emite o documento.

1.- Poderase prescindir da legalización cando se trate de documentos expedidos nos Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo polas autoridades competentes dos devanditos Estados.
2. -Legalización por vía diplomática: Con carácter xeral os trámites a seguir son os seguintes:
-Presentación do documento académico ante o Ministerio de Educación, ou departamento que teña atribuídas as súas competencias, do país de orixe.
-Recoñecemento das firmas anteriores por parte do Ministerio de Asuntos Exteriores, ou homólogo, no país de orixe.
-Presentación do documento ante as autoridades diplomáticas españolas (Embaixadas, Consulado, etc. ) no país de orixe.
3.-Legalización mediante Apostilla da Haya:
En países signatarios do mencionado convenio a legalización simplifícase notablemente. As autoridades competentes para dilixenciar a "Apostilla" varían segundo o estado de que se trate.
O procedemento de legalización de documentación que non teña carácter académico, virá determinado en cada caso concreto polas esixencias do país que emita o mesmo.

Enlace á información xeral: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/03/02/homologacion_titulos_estranxeiros_xullo2011.pdf

Teléfonos de información
Delegación de A Coruña 981 184 707
Delegación de Lugo 982 294 142
Delegación de Ourense 988 386 617
Delegación de Pontevedra 986 805 965/66

Para máis información: visitar a páxina web do Ministerio de Educación: https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/gestion-titulos/estudios-no-universitarios/titulos-extranjeros/homologacion-convalidacion-no-universitarios.html

* Na web do Ministerio atoparás a información referente ao procedemento para o estado se ben se destacan as pecualiaridades de determinadas Comunidades Autónomos entre as que está Galicia. 

Organismo que leva a cabo o procedemento:

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Departamento: Subdirección Xeral de Centros

Tema: homologación e/ou validación de títulos