Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 22 Xaneiro 2018 07:13

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN225A).

Obxecto
Bolsas de formación que teñen como obxectivo unha formación práctica no campo da actividade comercial.

Persoas beneficiarias
Persoas que teñan unha titulación universitaria de licenciada/o ou de grao, para que complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.

Dotación económica
Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 14.300,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos por mes.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Orde:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180122/AnuncioG0424-281217-0002_gl.pdf