Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 19 Xaneiro 2018 12:50

XUNTA DE GALICIA PUBLICA A GUIA EMPREGA SAUDABLE

Dende RSE Xunta de Galicia a través da súa plataforma destinada á RSE, acaban de publicar a Guía Emprega Saudable, a través da cal pretende poñer a disposición das empresas un programa práctico para mellorar os ambientes laboráis.

Unha inicitiva moi útil para a túa empresa que che axudará a mellorar a satisfacción no posto de traballo do teu persoal e solventar algúns inconvenientes que poden xurdír dun mal ambiente, como por exemplo, o absentismo que pode ocasionar grandes custos para a túa organización.

Unha boa ferramenta para contribuir a mellorar isto pode ser CheckJC , que che permite xestionar e recoller os tempos das tarefas da tua empresa para poder tomar as mellores decisións.

Podes descargar "Emprega Saudable. Guía de revitalización da empresa" no botón inferior. Agardamos que o documento sexa do teu interese e axude a mellorar a saúde da túa empresa. Atoparás recomendacións e exemplos para aplicar boas prácticas na materia. Unha vez postas en marcha, e pasado un tempo, podes comprobar a evolución dos niveis de benestar e saúde na empresa volvendo facer o autodiagnóstico.

Acceso á guia: https://rse.xunta.gal/images/EmpregaSaudable_GAL_vf.pdf