Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 18 Decembro 2017 08:30

MINISTERIO DE EDUCACIÓN CONVOCA 850 BOLSAS PARA PROFESORADO UNIVERSITARIO

Están destinadas á formación investigadora en programas de doutoramento para a consecución do título de Doutor/a, e para a adquisición de competencias docentes universitarias en calquera área do coñecemento.

As persoas candidatas que resulten elexidas recibirán unha contía de 1.173 euros mensuais, que se aboarán en doce mensualidades e ao que hai que engadir, ademáis, dúas pagas extraordinarias por cada ano de contrato.

Para poder optar a unha destas bolsas é requisito imprescindible contar cunha titulación universitaria, e non estar en posesión dun título de Doutor/a. Ademáis, os/as licenciados/as, graduados/as, enxeñeiros/as ou arquitectos/as que presenten a súa solicitude, deberán haber concluido os seus estudos universitarios con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2014.
No caso das persoas diplomadas, enxeñeiras técnicas ou arquitectas técnicas que presenten a súa candidatura a estas bolsas, deberán haber obtenido o seu título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013.

Prazo de solicitude: 29 de decembro

Toda a información: https://sede.educacion.gob.es/portada.html