Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 18 Decembro 2017 07:22

MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN

Convoca BOLSAS DE FORMACIÓN práctica na área da industria alimentaria, para titulados universitarios con distintas titulacións ou graduacións nos ámbitos de xestión pública, economía financieira e tecnoloxías da información, relacionados coa política agrícola común e a súa financiación.

Áreas de coñecemento: Enxeñeiría Agronómica, Enxeñeiría Técnica Agrícola, Veterinaria, Ciencia e Tecnoloxía, Matemáticas, Estatística, Informática, Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas, Socioloxía, Publicidade, Relacións Públicas, Xornalismo, Química, Bioloxía, Bioquímica ou Farmacia.

As bolsas comezarán na data de resolución de concesión das mesmas, finalizando o 31 de decembro de 2018, e poderán ser prorrogadas anualmente ata un máximo de catro anos, finalizando o 31 de decembro de 2021.

A contía destas bolsas por beneficiario será de 1.150 euros mensuais.

Prazo de solicitude: 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación no BOE.

Anuncio BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2017/12/18/pdfs/BOE-A-2017-15010.pdf