Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 07 Decembro 2017 07:17

CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Convocatoria pública de dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nas universidades Nova de Lisboa e Federal da Bahia (ED110A).

Universidade Nova de Lisboa: do 1.2.2018 ao 31.1.2021
Universidade Federal da Bahia: do 1.2.2018 ao 31.1.2021

O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos.

A data prevista de incorporación será o 1.2.2018 e a data de remate o 31.1.2021.

O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte: 1.277,12 €, por tratarse de lectorados localizados en universidades estranxeiras.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Anuncio: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171207/AnuncioG0164-301117-0001_gl.pdf