Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 01 Decembro 2017 09:35

AECC CONVOCA BOLSAS PARA INVESTIGAR CONTRA O CANCRO EN LABORATORIOS DE TODA ESPAÑA

A través de estas axudas, os mozos/as que resulten seleccionados/as terán a oportunidade de facer prácticas nun laboratorio ao longo do próximo verán, á vez que están en contacto directo coa investigación biomédica, e poidan desarrollar así unha completa carreira científica.

Dentro deste programa ofrecense dúas modalidades de bolsas: programa de prácticas de laboratorio durante os meses de xullo, agosto e setembro, e programa de prácticas de laboratorio durante o curso académico, entre novembro de 2018 e xuño de 2019.

Para poder optar a unha destas bolsas é necesario contar cun mínimo de 150 créditos aprobados no momento de optar a esta convocatoria, e non haber finalizado os estudos conducentes á obtención do título de grao. Asimesmo, tampouco se aceptarán solicitudes de estudantes que estean cursando un título de máster.

As prácticas desenvolveranse nun laboratorio de investigación que estea situado en España, e que desarrolle unha actividade investigadora relacionada co cancro. Cada alumna/o poderá contactar directamente cun laboratorio do seu interese e pedir a admisión a este centro. Ou ben, se o/a estudiante non dispón dun laboratorio para realizar as prácticas, a fundación científica da AECC  facilitaralle a súa incorporación a un.

A dotación económica para o programa de prácticas durante os meses de verán será de 1.000 euros brutos, que se aboarán nun único pago ao finalizar as prácticas. Para os/as becarios/as que se incorporen ás prácticas durante o curso académico 2018-2019, a fundación da AECC  aportaralles 3.408 euros repartidos en dous pagos ao longo do curso.

Se estás interesado/a nesta convocatoria tes ata o próximo 28 de febreiro para enviar a túa solicitude e deberás xuntar, ademáis, un currículo vitae, unha carta de aceptación do laboratorio receptor, un certificado oficial de notas e créditos aprobados ata a data, e tamén unha carta de recomendación de algún docente do centro onde estudas.

Toda a información: http://www.fundacioncientifica.aecc.es/