Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 21 Novembro 2017 07:26

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DESENVOLVER PROXECTOS EUROPEOS

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 6 de novembro de 2017 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación práctica para persoas tituladas superiores universitarias en materia de financiamento comunitario de proxectos europeos
no ámbito da innovación e a investigación.

O programa formativo terá unha duración máxima de doce meses, contados desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2018.

O lugar de desenvolvemento da bolsa será a oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas. Poderanse realizar breves períodos formativos nas dependencias de Gain en
Santiago de Compostela.

Para ser beneficiario da bolsa deberá presentarse unha solicitude segundo os termos establecidos nestas bases.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171121/AnuncioG0244-151117-0004_gl.pdf