Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 14 Novembro 2017 08:09

A ORGANIZACIÓN EUROPEA PARA A INVESTIGACIÓN NUCLEAR (CERN) CONVOCA BOLSAS PARA A FORMACIÓN DE ENXEÑEIROS EN SUÍZA

Van destinadas a titulados/as universitarios/as, doutores/as, enxeñeiros/as e tamén a estudantes que estén a punto de graduarse.

O prazo de envío de solicitudes está aberto ata o próximo 5 de marzo.

Este conxunto de bolsas está dividido en dúas categorías diferentes. Por un lado, as Bolsas  Senior destinadas a alumnos/as de doutoramento ou a candidatos/as que teñan entre catro anos e ata un máximo de dez anos de experiencia profesional. E por outro lado as Bolsas Junior, para graduados /as ou licenciados/as universitarios/as que quieran comezar a traballar nun grupo de investigación e que ademáis, non teñan máis de catro anos de experiencia profesional.

Cada bolsa terá unha duración de seis meses, e poderá ser prorrogada ata 36 meses, e a contía económica oscilará entre os 5165 CHF (4.446,56 euros) a 7963 CHF (6.855,36 euros) mensuais.

Ademáis, cada persoa bolseira terá cubertos os seus gastos de viaxe ata Suiza, e recibirá tamén unha axuda para a súa instalación neste país.

Así mesmo, as persoas  candidatas que teñan familia a cargo tamén recibirán un subsidio por cada fillo/a.

Consulta as bases aquí: https://jobs.web.cern.ch/join-us/fellowship-programme