As bolsas son de 1.300 euros mensuais para realizar prácticas remuneradas durante 12 meses e con posibilidades reais de incorporación a ISDEFE, empresa pública do Ministerio de Defensa que apoia mediante servizos de inxeñeiría e consultoría, así como soporte na xestión e operación de complexos de comunicación espaciais.
As persoas candidatas elexidas combinarán a súa formación práctica en ISDEFE con formación teórica especializada na Universidade Autónoma de Madrid a través do programa Citius da Fundación Universidad-Empresa.
Prazo: ata o 30 de novembro.
Información e inscrición: https://www.talentoteca.es/isdefe/