Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 05 Outubro 2017 09:21

CONCELLO DA ESTRADA CONVOCATORIA DUN POSTO DE ORIENTADOR LABORAL (PERSOAL LABORAL TEMPORAL)

A modalidade do contrato é por obra ou servizo, regulada no artigo 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

O contrato terá unha duración de 12 meses.
No caso de que a Consellería de Economía, Emprego e Industria conceda no exercicio seguinte a axuda para a
mesma finalidade, e se contemple a posibilidade de prórroga, o Concello poderá optar por esta modalidade, sen que ningún caso, a duración total do contrato poida superar os 3 anos de duración desde o seu inicio, ao abeiro da lexislación vixente.

As retribucións a percibir serán de 1.575,00 €uros brutos mensuais, por todos os conceptos.

Condicións de admisión das persoas aspirantes:
Serán remitidos pola Oficina de Emprego, logo de formular a preceptiva oferta, de acordo co establecido nas instruccións operativas ao abeiro da Orde de 8 de marzo de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2017. Os aspirantes deberán de figurar como demandantes na ocupación de “ técnico en orientación profesional”, por ser o perfil que se entende que é máis acorde ao tipo de traballo a desenvolver.

Requisitos de titulación:
* Título de licenciado/a universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o ou grao.
* Titulo de enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a ou grao.

Bases: http://www.aestrada.gal/images/stories/pdfs/contratacion_persoal/2017/bases_orientador_laboral2017_.pdf