Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 03 Outubro 2017 12:07

BOLSAS DAAD PARA CURSOS DE VERÁN EN ALEMANIA

Para poder solicitar unha bolsa é obrigatorio ser estudante universitario en programas de grao e máster de calquera disciplina e que, ao comezo da bolsa, se teñan cursado ao menos dous anos de estudos superiores.

Cada unha das bolsas ten unha duración mínima de 18 días de curso (cun máximo de cinco días por semana e sen incluir día de chegada e día de saída), cun mínimo de 25 horas lectivas por semana.

Ademáis, todos os cursos son impartidos en lingua alemana entre os meses de xuño e decembro.

Cada estudante recibirá unha bolsa de 850 euros, ademáis de un seguro médico e de accidentes.

Todas as persoas candidatas deberán presentar un certificado de alemán no momento da solicitude co nivel mínimo B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER)

Prazo de solicitude: ata o 1 de decembro

Toda a información: https://www.daad.de/miniwebs/icmadrid/es/29722/