Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 02 Agosto 2017 06:38

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA APROBA E CONVOCA AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN O CONCURSO PÚBLICO DE OITO BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO

Unha bolsa de formación no proxecto Etiquetador/Lematizador do galego actual (Corga/Xiada). (licenciado/a en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica, Portuguesa ou Tradución e Interpretación ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Modernas; en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Tradución e Interpretación; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia).

Unha bolsa de formación no proxecto Codolga: Corpus documentale latinum Gallaeciae (licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Clásica, en Historia, en Humanidades ou graduado/a en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura, dependendo da universidade de procedencia).
Unha bolsa de formación no proxecto Bilega: Bibliografía Informatizada da lingua galega (licenciado/a en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica ou Portuguesa ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Modernas; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios ou en Estudos de Galego e Español, ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura, dependendo da universidade de procedencia).
Unha bolsa de formación no proxecto Terminoloxía científico-técnica (licenciado/a en Filoloxía ou Tradución e Interpretación, ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Inglesas; en Lingua e Literatura Modernas; en Linguas Estranxeiras; en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Tradución e Interpretación ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia).
Unha bolsa de formación no proxecto Informes de literatura (licenciado/a en Filoloxía Galega ou Galego-Portuguesa ou graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Galego e Portugués; Estudos Lingüísticos e Literarios; Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; Linguas e Literaturas Modernas (con Maior ou Minor en Lingua e Literatura Galegas) ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia).
Unha bolsa de formación no proxecto Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos (licenciado/a en Filoloxía Galega ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Tradución e Interpretación; en Lingua e Literatura Modernas (con Maior ou Minor en Lingua e Literatura Galegas) ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia).
Unha bolsa de formación no proxecto Lírica profana galego-portuguesa (licenciado/a en Filoloxía Galega, Portuguesa, Hispánica, Clásica ou Románica, ou ben graduado/a en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Lingua e Literatura Modernas (con Maior ou Minor en Filoloxía Románica); en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas ou en Filoloxía Clásica ou outras titulacións que se consideren equivalentes).
Unha bolsa de formación no proxecto Dimensións da identidade colectiva de Galicia (licenciado/a ou graduado/a en Ciencias Políticas e da Administración ou outras titulacións que se consideren equivalentes).

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2017 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2019.
A contía das bolsas será de 990 euros brutos mensuais, nos cales van incluídos os custos da Seguridade Social.
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170802/AnuncioG0164-190717-0003_gl.pdf