Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 12 Xullo 2017 06:26

CONVOCAN PRAZAS DE PERSOAL COLABORADOR BOLSEIRO PARA AS RESIDENCIAS XUVENÍS

Consellería de Política Social
Convoca prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2017/18.
Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
2. Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 en 31 de decembro do ano en curso.
3. Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
4. Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
5. Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
6. Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso.

Cidade                Residencia                         Prazas
Lugo Centro      Residencial Xuvenil LUG      4 Home/muller
Ourense           Florentino L. Cuevillas         5 Home/muller
Vigo                 Altamar                             6 Home/muller

Prazo de solicitude: 1 mes ( ata o 11 de agosto)

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170712/AnuncioG0425-040717-0002_gl.pdf