Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 26 Mai 2017 06:08

CONVOCATORIA DE 6 BOLSAS DE FORMACIÓN PARA PERSOAS EXPERTAS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias das bolsas serán persoas tituladas universitarias e con veciñanza administrativa en Galicia.

Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (en diante, Dirección Xeral) ou no exterior, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

O importe da bolsa será de 1.200 euros brutos mensuais no caso de que os destinos sexan no exterior, e 1.000 euros brutos mensuais no caso de que os destinos sexan na sede da Dirección Xeral, que se farán efectivos polo importe líquido tras realizar a retención fiscal e a cota obreira que corresponda, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días.

Os/as bolseiros/as destinados/as no exterior recibirán en concepto de aboamento dos gastos de viaxe, primeiro establecemento, visados, vacinación, seguros, desprazamentos internos ou calquera outro necesario no desenvolvemento da bolsa unha contía máxima de 3.000 euros para cada un dos destinos propostos, que lles será aboada con anterioridade á primeira mensualidade da bolsa.

Prazo de solicitude: ata o 26 de xuño de 2017

Orde: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170526/AnuncioG0244-160517-0005_gl.pdf