Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 24 Mai 2017 06:20

CONVOCAN 5 PRAZAS NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGA

Persoas beneficiarias
Españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de Galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de Inglés.

Destinos

Universidade Autónoma de Barcelona 
Universidade de Cork  Irlanda
Universidade de Deusto País Vasco 
Universidade de Heidelberg  Alemaña
Universidade de Miño  Portugal

A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os tres anos.

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde. O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística,
no enderezo http://www.lingua.gal/portada

Orde de convocatoria: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170524/AnuncioG0164-110517-0003_gl.pdf