Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 12 Mai 2017 07:03

CONCELLO DE CALDAS DE REIS CONVOCA UNHA BOLSA PARA TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO

Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, UNHA (1) BOLSA PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO, destinada a diplomados, graduados e técnicos superiores de turismO.

A bolsa terá unha duración de tres meses (do 15 de xuño ao 14 de setembro), cun total de 37 horas semanais, en horario fixado segundo as necesidades do servizo.

Prazo de presentación de solicitudes: 8 días naturais a contar a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/05/12/2017018298