Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 25 Abril 2017 07:19

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO ANO 2017 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS

Desde o día 25 de abril e ata o 9de maio (ámbolos dous inclusive) podes solicitar as AXUDAS ÁS PERSOAS EMPRENDEDORAS DO CONCELLO DA ESTRADA.

Beneficiarios:

Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).

Requisitos xerais:


1. Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.

2. Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.

3. Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan desvinculación familiar.

4. Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.

5. Non poderán obter a condición de beneficiarias o empresariado e as pemes que concorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa. O importe máximo destas axudas é de 2 000 € por empresa e a dita axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.

Bases da convocatoria: http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/04/24/2017012541

Impresos de solicitude:

Anexo I

Anexo II

Anexo III

Anexo IV

Anexo V

*Nota importante: puntuarase con 2 puntos aquelas solicitudes que se prensente completas sen ser preciso facerlles ningún tipo de requerimento.

Para resolver calquera dúbida podes poñerte en contacto co departamento de emprego municipal no 986 570 030 (ext. 4326) ou a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.