Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 17 Abril 2017 06:36

CONVOCAN PROCESO DE SELECCIÓN PARA O INGRESO NO CORPO DE ENSINO SECUNDARIO (...)

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 540 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 23 prazas no corpo de profesores de música e artes escénicas, 80 prazas no corpo de profesores técnicos de formación profesional e 400 prazas no corpo de mestres.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 18 de abril e rematará o 9 de maio de 2017. Este prazo xa inclúe os dous días de traballos de mellora no sistema informático desta consellería, que se anunciarán coa debida antelación a través dos seguintes enderezos electrónicos: http://www.edu.xunta.es/portal e http://www.edu.xunta.es/oposicions

Orde de convocatoria: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170417/AnuncioG0164-100417-0002_gl.pdf