MINISTERIO DE FACENDA E FUNCIÓN PÚBLICA
Convoca bolsas de formación para titulados universitarios, en materia de transparencia, dereito ao acceso á información e bo goberno.
O obxeto destas bases reguladoras é a concesión de bolsas de formación práctica para titulados superiores en posesión de algún dos títulos incluidos nas ramas de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas e de Enxeñeerías e Arquitectura.
A duración das bolsas será de un ano natural, a contar desde a data da resolución de concesión das mesmas, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo total de dous anos, previa solicitude dos interesados e dacordo coa avaliación do tutor da labor realizada, e sempre que exista a correspondente dotación presupostaria.
A contía destas bolsas estará suxeita ás retencións legais vixentes en cada momento e será aboada aos beneficiarios con periodicidade mensual.
A contía prevista da bolsa cífrase nun máximo de mil trescentos euros mensuais.
Bases: http://www.boe.es/boe/dias/2017/03/29/pdfs/BOE-A-2017-3393.pdf