Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 27 Marzo 2017 06:20

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Convocatoria pública de subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán.

Beneficiarios:
- Titulares de obradoiros artesanais que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
- Asociacións profesionais e empresariais de artesáns de Galicia.

Considéranse actuacións subvencionables:
- Para titulares de obradoiros artesáns:
A participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou celebradas no estranxeiro nas cales non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
- A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 2.000 € de subvención por certame, impostos excluídos.
- A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma galega, que se celebren nos mercados nacionais ou internacionais.
- A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 €, cun máximo de 900 € de subvención por certame, impostos excluídos.
- A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en Pop Ups, Corners e Showrooms.
- A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento superior a 500 €, cun máximo de 900 € de subvención por certame, impostos excluídos.
- O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 7.000 €, IVE excluído.

Prazo de presentación: ata o 27 de abril

Procedemento: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170327/AnuncioG0424-140317-0003_gl.pdf