Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 17 Marzo 2017 08:15

BOLSAS EN DIFERENTES INSTITUCIÓNS DA UNIÓN EUROPEA

1.- Prácticas no Consello da Unión Europea: 100 prácticas remuneradas cunha duración de cinco meses. Para poder optar a elas é necesarioter completado un primeiro ciclo de estudos universitarios e dominar á perfección unha das linguas oficiais da UE e ter un coñecemento satisfactorio de inglés ou francés. O criterio de selección establécese en función dos resultados académicos, aínda que terán preferencia aquelas persoas que teñan feito un curso sobre integración europea.
O prazo de solicitud para a próxima convocatoria, de setembro a xaneiro, remata o 1 de abril.

https://eurodesk.eu/program/traineeship-council-european-union

2.- O Comité das Rexións ofrece a posibilidade de adquirir experiencia a través de prácticas en esta institución a persoas mozas graduadas universitarias durante un periodo de cinco meses, do 16 de setembro ao 15 de febreiro. As persoas solicitantes deben ter un título universitario, e coñecemento profundo dunha lingua oficial da Comunidade e coñecemento satisfactorio de francés ou inglés. As prácticas son remuneradas e os mozos casados con cónxuxes que non realicen traballos remunerados ou teñan fillos ao seu cargo recibirán un suplemento.
O prazo para solicitar as bolsas finaliza o próximo 31 de marzo.

https://eurodesk.eu/program/traineeships-committee-regions


3.- O Comité Económico e Social ofrece bolsas de longa duración (cinco meses) e corta duración (de un a tres meses sen remunerar). As de longa duración están dirixidas a persoas graduadas universitarias con coñecementos dunha lingua e de inglés ou francés.
As prácticas terán lugar do 16 de setembro ao 15 de febreiro eas persoas participantes percibirán 1.159 euros mensuais.

O prazo de solicitude é ata o 31 de marzo.

https://eurodesk.eu/program/traineeships-economic-and-social-committee