Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 09 Marzo 2017 07:26

CONVOCAN AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Convoca axudas para a contratación de xestores de internacionalización.
As axudas teñen por obxecto facilitar a incorporación ou reinserción no mercado laboral –de mozos/as profesionais e de profesionais sénior experimentados en situación de desemprego– ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á disposición delas profesionais con formación especializada, a subvención para a súa contratación e a titorización do xestor durante o período de contratación subvencionable.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, incluídos os/as autónomos/as, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización, con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Que teñan na data de publicación destas bases no DOG e, ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia distinto da contratación obxecto desta axuda.

e) As beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas empresas en crise. Para os efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Prazo de solicitude: ata o 9 de maio de 2017

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170309/AnuncioO92-010317-0001_gl.pdf