Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 01 Marzo 2017 07:24

AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Convocatoria das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) As microempresas e pequenas empresas, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda.

c) As persoas físicas que residan nunha zona rural ben para crearen unha nova empresa ben para seguiren traballando na preexistente como traballadores por conta propia.

Para estes efectos considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 1.2. das bases reguladoras.

Prazo de presentación: 1 de maio de 2017

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170301/AnuncioO92-160217-0001_gl.pdf