Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 28 Febreiro 2017 07:15

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2015/16.

Vinte e tres premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 19.550 €, que non poderán exceder os 850 € por premio.

Persoas beneficiarias:

Alumnado que teña cursados estudos de formación profesional de grao superior en 2015/16 (presencial ou a distancia), nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematados en 2016, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Prazo de solicitude: 28 de marzo de 2017

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170228/AnuncioG0164-160217-0001_gl.pdf