INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO
Convoca unha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.
A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes.
Duración: 12 meses.
Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170223/AnuncioC40-130217-0002_gl.pdf