Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 22 Febreiro 2017 07:19

SUNVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Convocatoria das subvencións para o financiamento das accións
formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas e dos incentivos á contratación.

Entidades beneficiarias:
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que empreguen cincuenta ou máis persoas traballadoras en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Para acadar o mínimo de cincuenta persoas traballadoras, poderán ser beneficiarias as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

Programas:
a) Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P).
b) Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR349X).

Prazo: 31 de outubro de 2017

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170222/AnuncioG0424-100217-0002_gl.pdf