Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 20 Febreiro 2017 07:16

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO EN PERSOAS GALEGAS RETORNADAS

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Convoca subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

O importe da subvención concedida será o 80 % dos gastos subvencionables estimados no orzamento presentado que correspondan á persoa solicitante en función da súa porcentaxe de participación, de ser o caso, ata unha contía máxima de 4.000 euros, para o caso de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia e de 6.000 euros, para o caso de persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

- Cando a persoa solicitante teña 39 anos ou menos, o importe da subvención resultante do parágrafo anterior, incrementarase en 1.000 euros e, en 1.000 euros máis no caso de ser muller.

Prazo de solcitude: 29 de setembro de 2017

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170220/AnuncioG0244-090217-0001_gl.pdf