Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 04 Abril 2016 07:44

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Grupo de Investigación Laboratorio de Sistemas da USC selecciona candidatos/as para o seu equipo de investigador.
 
LICENCIADO/A – GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA, ENXEÑERÍA DE TELECOMUNICACIÓN, OU FÍSICA.
 
Convocatoria: http://bit.ly/1Y5BARY
 
Ofértase un contrato de investigador/a para o proxecto de investigación “Efficient management of energy networks - LIFE OPERE”, para a realización dos traballos de análises, deseño e desenvolvemento de elementos de arquitectura de sistema de monitoraxe e control da acción B.2 (Data analysis and results) e acción B.3 (System optimization), coas seguintes funcións:
 
1. Análise de datos
2. Deseño de sistemas de control
3. Desenvolvemento de sistemas de control
4. Elaboración de informes e gráficos de visualización
5. Probas de funcionamento
 
O prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 10 de abril de 2016