Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 24 Xaneiro 2017 07:16

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA 15 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL DE MESTRAS E MESTRES COMPOSTEIROS CON DESTINO AO PLAN COMPOST REVITALIZA.

15 bolsas de práctica laboral destinadas a persoas en situación de demanda de emprego ou de mellora de emprego coa finalidade de completar a súa formación na área da xestión dos residuos orgánicos de orixe doméstica de cara á súa incorporación ao mercado laboral como mestras e mestres composteiros.

Entre todos os concorrentes seleccionaranse a 20 aspirantes, que deberán realizar un curso teórico-práctico impartido por persoal especializado na materia, cunha duración de 4 semanas, co obxecto de formalos como mestras e mestres composteiros, de xeito que finalmente 15 deles resulten elixidos para exercer como asesores e animadores deste método de tratamento da materia orgánica de orixe domiciliaria naqueles concellos da provincia de Pontevedra que participen no “Plan Compost Revitaliza” posto en marcha desde a Deputación de Pontevedra.

TITULACIÓNS ESIXIDAS: Estar en posesión do título de bacharelato, ciclo superior de FP, grao, diplomatura, enxeñería, licenciatura ou equivalente. No caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse cun certificado expedido polo organismo competente para establecelas.
A dotación económica de cada unha das bolsas ascenderá aos 1.400,00 €/mes.

A duración das bolsas será de 6 meses desde a incorporación das persoas beneficiarias, prorrogables outros 6 meses ata un máximo de 1 ano.

Prazo de presentación: ata o 3 de febreiro de 2017

Bases: http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/01/24/2017000993