Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 20 Xaneiro 2017 07:28

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS Á COOPERACIÓN ENTRE PEQUENOS OPERADORES TURÍSTICOS

Axencia Turismo de Galicia

Convoca subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo.

Os proxectos subvencionables consistirán no deseño, creación, promoción e comercialización de produtos turísticos de Galicia. Enténdese por produtos turísticos os bens ou servizos turísticos ofertados ao público mediante contraprestación económica.

A intensidade da axuda acadará o 70 % do custo elixible subvencionable. A contía da axuda non superará o importe máximo de 30.000 €.

Prazo de presentación: ata o 20 de febreiro de 2017

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG0256-050117-0001_gl.pdf