Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 18 Xaneiro 2017 09:23

¿ERES ESTUDANTE ERASMUS NO CURSO ACADÉMICO 2016- 2017?

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2016/17.

1. O programa de mobilidade para o cal se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2016/17.

2. As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.

3. As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:

a) De 175 euros/mes para un país de destino do grupo 1.

b) De 145 euros/mes para un país de destino do grupo 2.

c) De 105 euros/mes para un país de destino do grupo 3.

A listaxe de países por cada un dos tres grupos é a seguinte e pódese consultar na guía do programa Erasmus+ no enlace da Comisión Europea:

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/documents/erasmus-plus-programmeguide_es.pdf

Prazo de presentación: ata o 2 de febreiro de 2017

Bases da convocatoria: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170102/AnuncioG0164-161216-0002_gl.pdf