AXENCIA TURISMO DE GALICIA
Convoca bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2017-2018.
- Nove (9) bolsas de formación práctica en diversas áreas da Axencia Turismo de Galicia.
Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das seguintes titulacións, que deberán estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.
a) Bolsas de formación nas oficinas de información turística: Grao en turismo; Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; Técnico Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou titulación homologada equivalente.
b) Bolsa de formación na Área de Estudos e Investigación: estar en posesión dunha titulación superior (calquera).
Prazo de presentación: ata o 17 de febreiro de 2017
Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170117/AnuncioG0256-020117-0003_gl.pdf