Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 17 Xaneiro 2017 07:33

AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA 5 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN OFICINAS DE TURISMO EN MERCADOS EMISORES

AXENCIA TURISMO DE GALICIA
Convoca bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante os anos 2017 e 2018.

- Cinco bolsas de formación, en Londres, París, Berlín, Os Ánxeles e São Paulo.

A data prevista de incorporación dos bolseiros aos seus destinos é o 1 de maio de 2017 e estará condicionada á dispoñibilidade nas oficinas das consellerías de turismo en destino; en todo caso, manterase a duración total de dez (10) meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.

Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes dun grao universitario ou titulación homologada equivalente (calquera). As titulacións deben estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de

presentación das solicitudes desta convocatoria.

Prazo de presentación: ata o 17 de febreiro de 2017

Toda a información: http://www.turismo.gal/canle-institucional

DOG: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170116/AnuncioG0164-211216-0001_gl.pdf