Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 12 Xaneiro 2017 07:24

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS, PROCESAMENTO, MOBILIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocan para o ano 2017 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

- Poderán ser beneficiarios as pequenas e medianas empresas (pemes) do sector forestal radicadas en Galicia.

- Os investimentos subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

* Nota: Se calquera persoa precis axuda para a tramitación da subvención pode dirixirse aos departamentos de emprego municipais (1ºandar) ou chamando ao 986 570 030 (ext. 4326).

Prazo de presentación: 45 días a contar dende o día 13/01/2017.

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170112/AnuncioG0426-271216-0006_gl.pdf