Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 02 Xaneiro 2017 07:22

AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS

Consellería do Medio Rural convoca axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), para o exercicio orzamentario de 2017.

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda, dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea.

Prazo: ata o 30 de xaneiro de 2017

Coñece a bases e requisitos aquí: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161230/AnuncioG0426-221216-0001_gl.pdf