Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 23 Decembro 2016 08:29

CONVOCAN SUBVENCIÓNS PARA SALAS DE ARTES ESCÉNICAS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Convoca subvencións para salas de artes escénicas para o ano 2017.
Poderán solicitar as subvencións as persoas físicas ou xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 250 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2017. Exclúense salas cuxa titularidade pertenza a asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro.

Concederase unha dotación unitaria máxima de 30.000 euros por entidade beneficiaria, co límite do 50 % do orzamento do proxecto presentado.

Prazo de solicitude: ata o 23 de xaneiro de 2017

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161223/AnuncioG1097-131216-0002_gl.pdf