Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 31 Marzo 2016 09:13

A ESTRADA CLAUSURA O OBRADOIRO DE EMPREGO 2015-2016

O Concello da A Estrada clausurou esta semana o  Taller de Emprego que emprendeu a reforma do Edificio de Usos Múltiples para crear a Casa da Música. 
 
A Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca, acompañada do Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e do Alcalde da Estrada, Xosé López Campos, participaron no acto.
 
O obxetivo dos obradoiros de emprego e escolas taller e convinar a formación co traballo para deste xeito acceder ao mercado de traballo formado nun oficio.
 
A Estrada ven de solicitar dous novos obradoiros para continuar a obra de creación da Casa da Música e para facilitar a formación e a inserción laboral dos demandantes de emprego da Estrada.
 
1) Na modalidade de programa mixto de emprego e formación para a mocidade. 15 prazas para dúas especialidades: albanelería e carpintería.
 
Neste caso o requisito para poder participar é estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Deixámosvos o enlace no que se explican os pasos a seguir para darse de alta: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html
 
2) Na modalidade de Obradoiro de Emprego. 15 prazas e dúas especialidades: albanelería e carpintería.
 
Neste caso o requisito é figurar como demandante de emprego no INEM.
 
Dende esta páxina iremosvos informando puntualmente do estado da concesión da subvención para o seguinte obradoiro.