Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PLAN DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS AFECTADAS POLA CRISE DA COVID-19

Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19 financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR400A).

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. O prazo de execución da operación vai desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de decembro de 2020.

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE núm. 259, do 30 de
setembro).

Para as axudas previstas no artigo 7.1.b), as persoas traballadoras autónomas que ademais de cumprir o requisito sinalado no parágrafo anterior deberán estar encadradas nos sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.

Entenderase como actividade especialmente paralizada:
a) En todo caso o lecer nocturno. Son negocios de lecer nocturno aqueles con establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, de conformidade coa definición que destes establecementos se prevé no punto III.2.7 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma
de Galicia.

Así mesmo, incluiranse os negocios como establecemento de salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga punto anteriores, de conformidade coa definición deste establecemento contida no apartado III.2.4.5 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, e todos aqueles que non teñan o seu título habilitante adaptado ás tipoloxías anteriores pero que poidan ser asimilables tendo en conta a actividade que desenvolvan, consonte o disposto nas definicións especificadas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro.

Para estes efectos, os establecementos que aínda teñan a consideración de café-concerto, café-teatro, café-cantante e tablao flamenco estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como cafés-espectáculo.
Do mesmo xeito, os establecementos que aínda teñan a consideración de cafés categoría especial e karaokes estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como pubs.

b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:
CNAE 4932. Transporte por taxi.
CNAE 5010. Transporte marítimo de pasaxeiros.
CNAE 5030. Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.
CNAE 5621. Provisión de comidas preparadas para eventos.
CNAE 5914. Actividades de exhibición cinematográfica.
CNAE 7911. Actividades das axencias de viaxes.
CNAE 7912. Actividades dos operadores turísticos.
CNAE 7990. Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos eles.
CNAE 8230. Organización de convencións e feiras de mostras.
CNAE 9001. Artes escénicas.
CNAE 9002. Actividades auxiliares ás artes escénicas.
CNAE 9004. Xestión de salas de espectáculos.
CNAE 9321. Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos.
CNAE 9329. Outras actividades recreativas e de entretemento.

As axudas serán:
a) 1.200 € para as persoas traballadora autónoma que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 6.1.
b) 2.000 € para aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada tal e como vén definido no artigo 6.2.
As axudas previstas de 1.200 € ou de 2.000 € non son acumulables.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201118/AnuncioG0599-171120-0004_gl.pdf

Se precisas unha man para tramitar esta axuda, desde Emprego A Estrada estamos para axudarche!! chámanos ao 986 677 740.

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadnía un TELÉFONO DE ATENCIÓN INTEGRAL A ESTAS AXUDAS: 900 815 600