A formación terá lugar en formato online, os días 1,2 E 3 DE DECEMBRO en horario de mañá ou de tarde.
Os talleres son gratuítos e o contido versará en poder analizar o potencial de transformación dixital do teu negocio, dar visibilidade á túa empresa mediante tres módulos formativos de 1hora e 30 min de duración cada un:
1. Taller Nivel básico (1 h 30 min):
Introdución: a importancia de dixitalizar o teu negocio e principais beneficios
Como crear perfís “Business” en Instagram e Facebook
Crear contido atractivo nas RRSS. Stories en Facebook e Instagram
Historias de éxito
2. Taller Nivel intermedio (1 h 30 min):
Como realizar anuncios en Facebook e Instagram
Como segmentar os anuncios en Facebook e Instagram
Historias de éxito
3. Taller Nivel avanzado (1 h 30 min):
Medición e principais estatísticas en Facebook e Instagram
Ferramentas de Marketing Dixital en Facebook e Instagram
Historias de éxito
Se tes algunha dúbida, chama ao teléfono 915 422 900