Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 12 Novembro 2020 10:04

CAMBRIDGE TRUST CONVOCA 250 BOLSAS PARA FACER UN DOUTORAMENTO

O obxectivo destas bolsas é ofrecer apoio financeiro para realizar o doutoramento na súa totalidade a aqueles/as estudantes que destaquen polo seu currículo. As axudas inclúen matrícula e manutención, e para ser candidato/a requírese un coñecemento avanzado de inglés, xa que a persoa interesada deberá pasar unha proba de idiomas.

Valorarase, principalmente, o expediente, as referencias e o potencial dos estudos de investigación, tendo en cuenta que a situación financeira das persoas  solicitantes non afecta a selección dos/as bolseiros/as.

Ata o 3 de decembro, as persoas interesadas en facer o doutoramento o próximo ano académico teñen de prazo para solicitar os estudos. A partir desta data abrirase un prazo para solicitar a bolsa, que concluirá o 7 de xaneiro.

Cando se complete a sección de financiamento do formulario de solicitude online, o/a solicitante debe solicitar a casa na que se solicita a bolsa. Un comité universitario elaborará unha lista coa puntuación de todos os solicitantes, en calquera das disciplinas.

Aproximadamente a principios de marzo de 2021 informarase os solicitantes que recibisen a bolsa.

https://www.cambridgetrust.org/scholarships/v-c-awards-and-cambridge-international-scholarships/