Se es recentemente titulado/a universitario/a ou estás no último curso, poderás poñer en práctica toda a teoría adquirida nos teus estudos, aprendendo e desenvolvendo día a día as túas habilidades e competencias acompañado/a de profesionais especialistas que contribuirán a dar unha visión práctica á túa formación.
Que buscan?
Graduados/as en Enxeñería Mecánica ou Eléctrica.
Graduados/as en Enxeñería da Enerxía.
Graduados/as en Enxeñería Química ou Industrial.
Graduados/as en Enxeñería Técnica Forestal ou de Montes.
Graduados/as en Administración e Dirección de Empresas, Economía ou Comercio.
Graduados/as en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
Graduados/as en Xornalismo ou Publicidade e Relacións Públicas.
Incorporación: Outubro 2020.
Lugar: Biofábrica de Ence en Pontevedra.
Requisitos:
Ser menor de 31 anos
Graduado/a ou cursando o último curso de Grao ou Máster.
Debes carecer de experiencia profesional directamente relacionada coa túa titulación.
Data límite de inscrición: 9 de outubro de 2020.