CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024 (código de procedemento PL500C).
Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 16 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U. 17 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 23 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 24 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.
Os centros de realización das probas serán:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10).
– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241028/AnuncioG0766-211024-0003_gl.pdf
No marco do Programa Vives Emprende (Acción Contra a fame) organizan o taller en liña e gratuíto “EMPRENDEMENTO E INMIGRACIÓN: Todo o que necesitas saber” no que coñeceremos as situacións legais e acceso ao emprendemento para aquelas persoas que se atopan en procesos migratorios de estranxeiría e protección internacional en Galicia.
Será o martes 12 de novembro de 10 a 14 horas e para participar as persoas interesadas só se teñen que rexistrar no formulario accedendo no link do evento. Fai clic aquí
No caso daquelas persoas que queiran profundar na fórmula emprendedora, posteriormente terán tamén en modalidade en liña o ciclo de talleres “Da Idea ao Mercado” os días 26, 27 e 28 de novembro de 10:30 a 13:30.
Data: xoves, 24 de outubro
Hora: 18.30
Lugar: MOME
GRATUÍTO
No caso daquelas persoas que queiran profundar na fórmula emprendedora, posteriormente teremos tamén en modalidade en liña o ciclo de talleres “Da Idea ao Mercado” os días 26, 27 e 28 de novembro de 10:30 a 13:30, e da que compartiremos máis información proximamente.
No marco do Programa Vives Emprende (Acción Contra a fame) organízase o taller en liña e gratuíto “EMPRENDEMENTO E INMIGRACIÓN: Todo o que precisas saber” no que coñeceremos as situacións legais e acceso ao emprendemento para aquelas persoas que se atopan en procesos migratorios de estranxeiría e protección internacional en Galicia. Será o martes 12 de novembro de 10 a 14 horas e para participar as persoas interesadas só téñense que rexistrar no formulario accedendo no link do evento.
Inscrición: https://bit.ly/405dvnH
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Produción de aguacate" no marco da Rede Eusumo.
Data: 17 de outubro
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Inscricións: a través do formulario
https://www.eusumo.gal/xornada-formativa-sobre-oportunidades-de-negocio-producion-do-aguacate