on 08 Outubro 2021
  • Como utilizar Instagram para promover a túa empresa I

Cando: Mércores 13 de outubro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Copywriting aplicado a web e redes sociais

Cando: Mércores 13 de outubro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

  • FABRICACIÓN DIXITAL. Impresoras de Filamento

Cando: Xoves 14 de outubro de 11:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Motores de reservas para empresas turísticas

Cando: Xoves 14 de outubro de 17:00 a 18:00 horas

INSCRÍBETE

 

Accións formativas totalmente GRATUÍTAS. 

on 07 Outubro 2021

Xunta de Galicia a traves do Centro Superior de Hostalaría pon en marcha varios cursos gratuítos co obxectivo a mellora das competencias profesionais do sector turístico galego no Xacobeo 21/22.

PERSOAS DESTINATARIAS
- Emprendedoras/es, directivas/os, xefas/es de departamento de empresas do sector turísticos galego ( axencias, aloxamentos, transportes, ocio...) que desexen cooperar con outras empresas para a creación de produtos turísticos.
- Este programa formativo está deseñado para que poidan participar varios profesionais dunha mesma empresa.

200 Prazas.

METODOLOXÍA
- Curso Online de 18 horas a través da plataforma de teleformación de Turismo de Galicia, repartidas en 6 sesións nas que os alumnos deberán asistir ao 80% das mesmas.
- Ademáis do contido formativo, o programa se complementa co desenvolvemento dunha de implementación práctica con pasos a seguir e exercicios a desenvolver.
- O programa aportará aos participantes manuais e sesións en directo, centro de asistencia telefónica e un sistema de mensaxería colaborativa para favorecer o networking entre as empresas turísticas galegas.

DATAS: Do 19 de Outubro ao 23 de Novembro de 2021.

HORARIO: Martes19, 26 de outubro; 2,9,16 e 23 de novembro de 10 a 13 horas.

FORMADORES/AS:
◾Jimmy Pons – Sustentabilidade e Innovación.
◾Joantxo Llantada – Marketing e Comercialización.
◾Tirso Maldonado – Estratexia e sinerxia.
◾Silvia Suárez – Soporte e Dinamización.

PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación nos webinars interactivos e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.


 INSCRICIÓN: https://lnkd.in/d7uAShdf

MÁIS INFORMACIÓN:
Portal turismo: https://lnkd.in/dJmEBKxQ

on 07 Outubro 2021

A finalidade desta convocatoria é promover e incentivar a investigación nos centros docentes que impartan ensinos de etapas previas á universidade, mediante a concesión de premios a traballos relevantes de investigación científica ou tecnolóxica realizados polos alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato ou Formación Profesional.

Está dirixido a novos/as estudantes de entre 15 e 20 anos, busca espertar vocacións científicas nas etapas previas á universidade, enfrontándolles a un triplo reto: explorar a súa contorna para identificar algún interrogante cuxa explicación descoñezan; documentarse sobre o tema, e propoñer e demostrar empíricamente unha solución para o seu problema.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Estudantes matriculados/as en centros docentes de Ensino Secundario Obrigatorio Bacharelato e Formación Profesional durante o curso 2020-2021.
 
Os/as participantes deben ter nacionalidade española ou residencia legal en España, cumprir quince anos antes do 31 de decembro de 2020 e non ter vinte e un anos ao 30 de setembro de 2021.
 
Poderá ampliarse a idade, no caso de que os participantes sexan persoas con discapacidade, sempre que cumpran o resto dos requisitos. Os participantes han estar matriculados durante o curso 2020-2021 en centros docentes españois de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato ou Formación Profesional.
 
Premios
 
Concédense 40 premios en metálico e estancias en centros de investigación para os estudantes participantes.
 
Presentación de solicitudes
 
As solicitudes poderanse cumprimentar mediante o formulario de inscrición correspondente que será accesible por vía telemática a través da Sede Electrónica do Ministerio de Universidades e da páxina web http://www.educacion.gob.es
 
 
on 01 Outubro 2021
  • FABRICACIÓN DIXITAL. Introdución á fabricación dixital

Cando: Martes 5 de outubro de 11:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Márketing sostible

Cando: Martes 5 de outubro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

  • Como mellorar a sustentabilidade do teu establecemento turístico

Cando: Mércores 6 de outubro de 11:00 a 12:00 horas

INSCRÍBETE

  • Fotografía e vídeo para interiores

Cando: Mércores 6 de outubro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

  • FABRICACIÓN DIXITAL. Debuxo 3D con Onshape I – PartStudio I

Cando: Xoves 7 de outubro de 11:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio

Cando: Xoves 7 de outubro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE