on 07 Febreiro 2022

Academia Galega de Seguridade

Pública RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados/ as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos/ as superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas interesadas na inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia, por medio da acreditación da formación mínima establecida no artigo 4.1, letras E), G), I), J), e no 4.2, letras E), G), H), I), J), do Decreto 152/2021, do 21 de outubro.

Requisitos xerais:

a) Cumprir os requisitos establecidos no artigo 4.1, letras E), G), I), J), e no 4.2, letras E), G), H), I), J), do Decreto 152/2021, do 21 de outubro.

b) Non estar inscrito de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia.

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220207/AnuncioO3C2-290122-0001_gl.pdf

on 07 Febreiro 2022

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura, s/n; A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos destas se poidan facer fóra das súas instalacións.

Destinatarios/as

Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2022. Non obstante, poderanse inscribir aquelas que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionadas no caso de existiren prazas vacantes.

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220207/AnuncioO3C2-290122-0002_gl.pdf

on 04 Febreiro 2022

Primeiros pasos con Google Analytics 4

Cando: Martes 08 de febreiro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

Como sacarlle partido ao Instagram da miña vivenda turística

Cando: Mércores 09 de febreiro de 12:00 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing

Cando: Mércores 09 de febreiro de 17:30 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

Crea unha páxina profesional con WordPress I

Cando: Xoves 10 de febreiro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

 

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a info.Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

As accións formativas son TOTALMENTE GRATUÍTAS 

on 04 Febreiro 2022

Itinerario formativo: DOCENCIA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Data de inicio: 09.03.2022

Horario: 09:00 a 14:00

LugarMaria del Carmen Míguez Álvarez S.L. – Rúa Joaquín Loriga, nº 20 ent. 20n Lalín.

Axuda económica:  para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza iguais ou superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.

Dirixido a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, con titulación de bacharelato e que se atopen incluídas nalgún dos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

Para participar no proceso de selección é necesario facer a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482

Para mais información pode poñerse en contacto no teléfono: 986804100 ( ext 40846) ou  no e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 04 Febreiro 2022

Datas: Do 14 AO 23 DE FEBREIRO

HORARIO: DE 9.00 A 14.00 HORAS

LUGAR: AULA CEMIT, Avda. Benito Vigo, 94 A Estrada

BECA POR DESPRAZAMENTO: 10 EUROS/DÍA DE ASISTENCIA

Se estás interesado/a en realizalo contacta con INSERTA no teléfono: 687 936 941

Esta actividade entra dentro do previsto no convenio de colaboración suscrito polo Concello da Estrada e a Fundación Once- Iserta para favorecer a inclusión no mercado de traballo das persoas con discapacidade. 

 

on 31 Xaneiro 2022

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2022.

Actividades de formación convocadas

1. As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.

2. O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2022, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2022/23.

O custo total de cada actividade inclúe:

a) Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.

b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.

c) Os gastos de docencia e o material escolar.

d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.

e) Os gastos de mantenza e aloxamento.

f) O certificado de realización da actividade.

g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2021/22, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2020/21.

c) Ter acadado no curso 2020/21, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.

d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2021/22, nun centro da Rede de centros plurilingües.

e) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

f) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220131/AnuncioG0598-120122-0003_gl.pdf